Universidade

Camiño á universidade

 No seguinte Symbaloo podedes atopar un par de videos informativos sobre como acceder á universidade, buscadores e portais de graos universitarios así como cuestionarios de intereses profesionais on line. Esperamos que vos sexan útiles





Parámetros de Ponderación das materias da fase específica da PAU 
http://ciug.cesga.es/PDF/parametrospond2014.pdf


Titulacións do sistema universitario de Galicia. Curso 2014-15

http://ciug.cesga.es/PDF/carteltitu2014.pdf


Notas de corte do sistema universitario galego: Curso 2014-15.

Son só orientativas, cada ano poden variar en función do número de preinscripcións e as prazas ofertadas.

http://ciug.cesga.es/PDF/notasdecorte1415.pdf

 

Mapas de Universidades e de Ponderacións para selectividade.



Se queres acceder á Universidade interésanche estes dous mapas con enlaces ás páxinas web e coeficientes de ponderación de todas as Universidades españolas.


Para realizar a preinscrición on-line á Universidade, consultar a oferta de Grados, as súas notas de corte, coeficientes,… é conveniente contar con páxinas que centralicen enlaces.

Aquí tes dous útiles mapas con enlaces a todas as Universidades e coeficientes do territorio español:


  • Mapa de Universidades. Destacamos un ano máis esta imprescindible páxina web da Universidade de Alicante que enlaza a todas as páxinas web das Universidades españolas.
  • Mapa de Ponderacións. É unha nova páxina da Universidade de Murcia que recompila os coeficientes ou parámetros de ponderación de todas as Universidades españolas. Dende esta páxina podes acceder a algúns simuladores creados por cada Universidade nos que, introducindo as túas cualificacións de selectividade e o Grao onde queiras acceder, obtés a nota de acceso pola cal esa Universidade che vai ordenar para admitirte en dito Grado.

Recordamos que os coeficientes ou parámetros de ponderación é un valor que multiplica cada Universidade e Grao á cualificación obtida nunha determinada materia da parte específica selectividade (sempre que estea aprobada con, polo menos, 5 puntos).

Poden variar entre 0 (é dicir, aínda que estea aprobada, esa materia non conta para ese Grao e Universidade) e o máximo que será 0'2 (é dicir, se se obtén un 10 nesa materia, sumaríase 2 puntos á nota da parte xeral de selectividade). Polo xeral o coeficiente será 0 se a materia non está adscrita á rama de coñecemento correspondente ao Grao que se quere estudar e, ao contrario, o coeficiente será máis alto mentres a materia teña máis relación co Grao que se queira estudar.

Os coeficientes decídeos cada Universidade e publícanse cada curso, é dicir, poden variar dun ano a outro.

Validación de créditos universitarios para  técnicos superiores de FP


Catálogo de validacións para técnicos superiores de FP que accedan a graos universitarios
 

Adscrición das Materias de 2º de Bacharelato ás ramas de coñecemento




Adscripción dos ciclos superiores as ramas de coñecemento.