Probas

Probas de acceso a ciclos medios


As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A proba divídese en tres partes:

- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.

- Matemática: matemáticas.

- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.

A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.

A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os dous anos seguintes.

Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba.




Contidos de referencia e criterios de avaliación

Na seguinte ligazón pódense consultar os contidos de referencia e criterios de avaliación das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio para a convocatoria actual.




Materiais de probas de acceso

Na seguinte ligazón pódense consultar exames e materiais didácticos das convocatorias anteriores da proba de acceso a ciclos formativos de grao  medio.

- Materiais didácticos
- Exames de convocatorias anteriores
 
Lugar de presentación de solicitude

As solicitudes poderanse presentar en calquera centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con oferta de Formación Profesional.



Normativa de referencia
Acceso á normativa


Novidades da convocatoria de probas de acceso de 2016:



As persoas que  cursaran un ciclo medio de FP  ou o título de bacharelato unificado e polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos, teñen, polo tanto, acceso directo a ciclos superiores de FP.



As persoas que posúan un título de técnico de artes plásticas e deseño poderán solicitar a exención da parte específica da proba no caso de escoller a opción B.



As persoas que posúan un  título de técnico deportivo poderán solicitar a exención da  parte específica da proba no caso de escoller a opción C.

Probas de acceso a ciclos superiores

Segundo a modificación introducida pola LOMCE do artigo 41.3 da LOE, o acceso a ciclos formativos de grao superior requirirá o cumprimento das seguintes condicións:

  • Título de bacharelato.

  • Título universitario.

  • Título de técnico de formación profesional (grao medio LOE ou LOXSE).

  • Título de técnico superior de formación profesional.

  • Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato (LOMCE).

  • Ter superada unha proba de acceso a ciclos de grao superior.

Así mesmo, segundo o punto tres da disposición adicional terceira da LOMCE, aceptarase como título de bacharelato ao que se refire o artigo 41.3 o título de bacharelato expedido tras cursar o antigo bacharelato unificado e polivalente (BUP).

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que teñan polo menos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba e non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Novidades da convocatoria de probas de acceso de 2016

As persoas que posúan un título de técnico de formación profesional ou o título de bacharelato unificado e polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos.

As persoas que posúan un título de técnico de artes plásticas e deseño poderán solicitar a exención da parte específica da proba no caso de escoller a opción B.

As persoas que posúan un  título de técnico deportivo poderán solicitar a exención da  parte específica da proba no caso de escoller a opción C.



Estrutura da proba

A proba divídese en dúas partes:

- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas

- Parte específica:

Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía.

Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.

Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.

No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais ás que se poderá acceder, nas condicións de admisión que se establezan.

Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os dous anos seguintes.




Contidos de referencia e criterios de avaliación

Na seguinte ligazón pódense consultar os contidos de referencia e criterios de avaliación das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior para a convocatoria actual.



Materiais de probas de acceso

Na seguinte ligazón pódense consultar os exames das convocatorias anteriores de proba de acceso a ciclos superiores.



Lugar de presentación da solicitude

As solicitudes poderanse presentar en calquera centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con oferta de Formación Profesional (agás o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro).


Normativa de referencia


Probas para a obtención do graduado en ESO  maiores de 18 anos.


 Neste enlace tendes exames de anos anteriores para que vos deades unha idea.


Probas de certificación das Escolas Oficiais de Idiomas  
 
 Aquí tendes  modelos completos das probas de certificación das Escolas Oficiais de Idiomas para os niveis básico, intermedio e avanzado, que inclúen os audios e os solucionarios correspondentes.