lunes, 8 de enero de 2018

Guía para axudar aos adultos a falar da morte e o duelo cos nenos e adolescentes

Esta guía foi elaborada co fin de ofrecer axuda a todas aquelas persoas que están en contacto con nenos e adolescentes, e necesiten abordar a morte dun ser querido. Poñerlle palabras a este suceso non resulta nada doado e menos aínda se se trata de comunicárllelo aos máis pequenos.
Non obstante, a morte é un feito ineludible da vida, é dicir, todos os seres humanos imos ter que enfrontarnos a ela, por iso é importante poder dispoñer de recursos que nos axuden a afrontar esta realidade da mellor forma posible.
Ocultar, temer, calar ou dar respostas e explicacións erróneas sobre o que sucede a noso arredor só fará que a experiencia da morte, ademais de resultar sumamente dolorosa, poida converterse en algo complicado ou patolóxico.
Os nenos e os adolescentes acusan a morte dos seus seres queridos, senten e cuestiónanse moitas cousas. As súas preguntas, os seus temores, as súas inquietudes e a súa dor han de ser escoitados e atendidos.
Moitas son as dúbidas que nos sobreveñen no momento en que nos formulamos falar e atender aos nenos e adolescentes cando falece unha persoa do seu ámbito:
«Como lle explicamos o que sucedeu? Pode chegar a entender que é a morte? É mellor contar ou non contar? Que facer se nos pregunta? É diferente a vivencia da morte se o neno ten 5 anos ou se ten 10? Pode estar un neno en duelo? Como o podo axudar? Necesita unha axuda especial? É bo que nos vexa tristes? Temos que evitalo o sucedido? Que poden facer os profesores cando un neno se encontra en duelo?»

http://www.asociaciongwi9525.org/doc/guia-duelo-infantil.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario