A Consellería de Educación convoca o proceso de acreditación de competencias
profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade
Autónoma de Galicia.
As persoas interesadas poderán solicitar participar no proceso de acreditación de competencias do seguinte xeito:
- A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es/acreditacion.
- A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.
- Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
- O prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro ata o 2 de febreiro de 2018.
Máis información da convocatoria 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario