lunes, 18 de diciembre de 2017

Consumo responsable

Cada vez máis vemos nos nosos centros comportamentos consumistas compulsivos por parte dos nosos alumnos acompañados non poucas veces de actitudes egoístas, esixentes e case despóticas cara aos pais. O descenso no nivel socioeconómico dalgunhas familias derivado da crise actual leva situacións dramáticas cos fillos excesivamente afeitos a un consumo desmedido, irracional e irresponsable. Daqueles barros...
Esta Guía editada por CEAPA intenta orientar ás familias cara a un consumo responsable que eduque dende pequenos na inhibición do impulso comprador e dote aos fillos da capacidade de demora da satisfacción e dunha axeitada tolerancia á frustración tan necesarios en tempos de axustes no presuposto familiar cando non de franca penuria.


https://docs.google.com/file/d/0By8h-Gdn-hqsN2ExOTNhNDUtYTg4Mi00YTMyLWE3YzktZjQzNTFjZGMxZTk1/edit?pli=1

No hay comentarios:

Publicar un comentario