viernes, 1 de septiembre de 2017

Periodo extraordinario de presentación de solicitudes




Aberto o período extraordinario de presentación de solicitudes de setembro ata o día 8 ás 13:00 horas. Coa finalidade de axudar na toma de decisións das persoas interesadas en facer solicitudes destas ensinanzas no período extraordinario, facilítanse listaxes informativas. Lémbrese que nas solicitudes do período extraordinario de setembro pódese solicitar calquera centro, ciclo ou módulo que figure na oferta educativa de formación profesional (consulte Oferta de FP), pero na adxudicación sempre teñen preferencia as solicitudes realizadas no mes de xullo (período ordinario de admisión) que permanecen en listaxe de espera sobre calquera solicitude realizada no período extraordinario de solicitudes de setembro.
Atención: Non son listaxes de ciclos e módulos con matrícula liberada. Para acceder é necesario participar no proceso de solicitudes de setembro.

Réxime ordinario

Réxime para as persoas adultas
Modalidade presencial
Modalidade distancia

No hay comentarios:

Publicar un comentario