lunes, 3 de noviembre de 2014

Cuestionario de funcionamento executivo (EFECO)

O EFECO foi elaborado por Andrés García Gómez e Jesús Carlos Rubio Jiménez, pertencentes ao EOEP especializado de TGD de Cáceres. Está dirixido a alumnos entre 6 e 13 anos. Consta dun apartado de identificación, con 7 cuestións, e outro apartado, con 74 cuestións, a cumplimentar por pais e/ou profesores que coñezan ben o neno mesmo de forma colaboradora. Ao finalizar, xera un documento cos resultados obtidos que se mostran como percentís e aparecen representados nun gráfico.
Pretende medir algunhas capacidades importantes para o éxito escolar, entre as que se encontran un conxunto de habilidades cognitivas e metacognitivas que nos permiten dirixir a nosa conduta cara a un fin e inclúen a capacidade para planificar, para levar a cabo e para corrixir a nosa conduta (funcións executivas).
Este cuestionario está en fase experimental, polo tanto os datos hai que tomalos como non definitivos, pero marcan unha tendencia e poden ser orientativos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario