miércoles, 22 de enero de 2014

Mapas de Universidades e de Ponderacións para selectividade.



Se queres acceder á Universidade interésanche estes dous mapas con enlaces ás páxinas web e coeficientes de ponderación de todas as Universidades españolas.


Para realizar a preinscrición on-line á Universidade, consultar a oferta de Grados, as súas notas de corte, coeficientes,… é conveniente contar con páxinas que centralicen enlaces.

Aquí tes dous útiles mapas con enlaces a todas as Universidades e coeficientes do territorio español:


  • Mapa de Universidades. Destacamos un ano máis esta imprescindible páxina web da Universidade de Alicante que enlaza a todas as páxinas web das Universidades españolas.
  • Mapa de Ponderacións. É unha nova páxina da Universidade de Murcia que recompila os coeficientes ou parámetros de ponderación de todas as Universidades españolas. Dende esta páxina podes acceder a algúns simuladores creados por cada Universidade nos que, introducindo as túas cualificacións de selectividade e o Grao onde queiras acceder, obtés a nota de acceso pola cal esa Universidade che vai ordenar para admitirte en dito Grado.

Recordamos que os coeficientes ou parámetros de ponderación é un valor que multiplica cada Universidade e Grao á cualificación obtida nunha determinada materia da parte específica selectividade (sempre que estea aprobada con, polo menos, 5 puntos).

Poden variar entre 0 (é dicir, aínda que estea aprobada, esa materia non conta para ese Grao e Universidade) e o máximo que será 0'2 (é dicir, se se obtén un 10 nesa materia, sumaríase 2 puntos á nota da parte xeral de selectividade). Polo xeral o coeficiente será 0 se a materia non está adscrita á rama de coñecemento correspondente ao Grao que se quere estudar e, ao contrario, o coeficiente será máis alto mentres a materia teña máis relación co Grao que se queira estudar.

Os coeficientes decídeos cada Universidade e publícanse cada curso, é dicir, poden variar dun ano a outro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario