jueves, 4 de mayo de 2017

Títulos e prazas na universidade para o curso 2017/2018

A Comisión Interuniversitaria de Galicia publicou na súa web a oferta de títulos e prazas na universidade para o curso 2017/2018.

http://ciug.gal/PDF/ofertaprazas1718.pdf

Algunhas dúbidas en orientación


Dende fai varios anos, o Equipo de Orientación Específico da provincia de A Coruña, organiza uns Encontros con Orientadores. Nestas xuntanzas, Magdalena Duarte Blanco e Manuel Guerra Fernández, inspectores de educación, expoñen dúbidas e aclaracións sobre o noso desempeño profesional. Lourdes Otero Rodríguez de  "Convivencia e Orientación en Perillo" fainos aquí un resumo das máis destacadas.  

https://drive.google.com/file/d/0B7rCjM8eOZI8YURMdmxHWjBjVE0/view

viernes, 3 de marzo de 2017

Instrucións para a realización, dentro do cur so 2016/2017, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para curso 2017 /2018.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/dxefpie-97498-170221-1_gal.pdf

Actividades de formación en lingua inglesa para alumnado de ESO e Bacharelato

 
 
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, para alumnado de ESO e Bacharelato de centros docentes sostidos con fondos públicos  (Orde do 2 de febreiro de 2017)

Requisitos para solicitar estas axudas:

  • Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato nun centro sostido con fondos públicos de Galicia.
  • Ter superadas todas as materias no curso 2015/16
  • Ter acadado no curso 2015/16 na materia de lingua inglesa, unha cualificación mínima de "Ben" ou 6.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade


Como solicitar estas axudas:

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED504B) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
  • Opcialmente, poderanse presentar as solicitudes nos rexistros establecidos na normativa.  Para iso, hai que descargar o formulario ou cubrilo online dende a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle. Unha vez cuberto o formulario, gravarán os datos, o que xerará un documento en formato Adobe Acrobat, corresponde aos Anexos I e II, que se deberán imprimir e asinar.  Por último, deberán entregar estes Anexos, xunto coa preceptiva documentación en calquera rexistro recoñecido no procedemento administrativo.


Prazo de presentación:
Do 28 de febreiro ao 27 de marzo (ambos incluídos)

Documentación a chegar xunto coa solicitude  (Anexos I e II)

  • Certificación de matrícula do curso 2016/17
  • Certificación académica das cualificación de todas as materias cursadas no ano académico 2015/16
  • Fotocopia do DNI ou NIE do solicitante e da nai / pai / titor/a legal
  • Fotocopia do libro de familia
  • Calquera outro documento xustificativo de circunstancias familiares especiais: discapacidade do alumno ou familiar,...
CONSULTAS e MAIS INFORMACIÓN:
 
Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
Atención telefónica:  981957296 - 881997497 - 981957538


viernes, 23 de diciembre de 2016


O BOE do 22 de decembro publica a Orde ECD/1941/2016, do 22 de decembro, pola que se determinan as características, o deseño e o contido da avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade, as datas máximas de realización e de resolución dos procedementos de revisión das cualificacións obtidas, para o curso 2016/2017.

Nos anexos temos unha relación de materias obxecto da proba, así como os estándares de aprendizaxe de cada unha delas.

lunes, 10 de octubre de 2016

Programa Escolar de Desarrollo Emocional. Guía PEDE



O Programa Escolar de Desenvolvemento Emocional (PEDE) foi elaborado pola Consellería de Educación do Principado de Asturias. Pretende contribuír a que os alumnos e alumnas de Educación Primaria saiban manexar eficazmente as súas EMOCIÓNS, manexo que redundará positivamente no seu rendemento escolar, nas relacións cos demais e en definitiva, en conseguir máis éxito persoal. O material contén un libro-guía e tres cadernos de actividades.
 Aínda que deseñado para Primaria, podese empregar perfectamente en 1º ESO.



- Guía do Programa Escolar de Desarrollo Emocional. Guía PEDE
- Actividades para o alumnado na aula.
- Actividades para o alumnado na casa.

- Actividades para pais e nais.


EDITOR: Consellería de Educación e Ciencia.
DATA DE EDICIÓN: Xuño 2011
LOCALIZACIÓN: Servizo de Atención á Diversidade, Orientación Educativa e Participación. Equipo de Orientación Educativa de Avilés

miércoles, 5 de octubre de 2016

Bolsas Fundación Amancio Ortega

 

A Fundación Amancio Ortega convoca unha nova edición das bolsas para estudar 1º de Bacharelato en Estados Unidos ou Canadá durante o curso académico 2017/2018.

Son un total de 500 bolsas( 80 esas bolsas están destinadas a estudantes galegos)  dirixidas ao alumnado de 4º de ESO que lles permitirá convivir cunha familia durante o curso escolar no país de destino.


REQUISITOS:
  •     Estudar actualmente 4º de ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.
  •     Ter unha nota media mínima de 7,00 en 3º de ESO e de 8,00 en inglés.
  •     Non estudar un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º de ESO).
  •     Enviar o formulario online correctamente cumprimentado coa documentación esixida.